|
Festas
Fornelos de Montes
- Festival Folk
- Chanfaina
- San Lorenzo o 9, 10, e 11 de Agosto
- Santo Cristo
San Vicente de Oitaven
- San Vicente en Xaneiro
- San Bieito en Marzo
- San Bieito en Xullo
San Adrián de Calvos
- Virxe do Pilar o 11 e 12 de Outubro
- Santa Ana e San Xoaquin o 25 e 26 de Xullo
- San Adrián en Xuño
Estacas
- Santa Marta o 29 de Xullo
Traspielas
- Virxe das Neves o 5 de Agosto
- San Bartolomé o 24 de Agosto
- San Mauro en Xaneiro
Ventín
- Virxe da Saude en Maio
- San Miguel o 29 de Setembro
Freaza
- San Anton
Bustelos
- San Caetano
Vilán
- Santo Cristo en Xuño
- Virxe dos Miragres
A Laxe
- Virxe do Rosario en Setembro
Recursos turísticos
Na actualidade, o concello presenta un grande
potencial paisaxístico, ambiental e etnográfico que cunha
explotación racional e non lesiva co medio rural fará
aumentar o fluxo de visitantes cara este espazo. A
localización do concello dentro dun área de media montaña e
a existencia de numerosos paraxes de interese natural
favorece a orientación de Fornelos cara un turismo
verde, de goce da natureza, que se vería beneficiado pola
proximidade aos grandes centros de atracción turística como
son O Salnés, Vigo, Baiona ou Pontevedra.
Para conformar este apartado
e poder elaborar o que sería un posible mapa de recursos
turísticos, podemos agrupar nun só plano todo aquel
patrimonio que cunha conservación axeitada, e que debido ás
súas características e entorno no que se localiza, pode ser
considerado como unha fonte de recursos para atraer o
turismo e potenciar esta actividade no futuro.

Un dos principais problemas
que se presenta no concello, ademais do estado de
conservación do seu patrimonio, é a practicamente
inexistente oferta de aloxamento existente. Soamente hai
unha casa de turismo rural en todo o territorio con 16
prazas de aloxamento, e que se atopa na parroquia de
Estacas. Non existe ningún hotel, hostal, pensión ou
campamento.
Respecto á oferta gastronómica, o concello destaca pola
calidade dos seus produtos empregados, elaborados na súa
meirande parte neste territorio e que son a base da súa
cociña. Sen embargo, o número de restaurantes tamén é escaso
podendo atopar so dous, un en Fornelos de Montes e outro en
Estacas.
O que chama principalmente ao
turista é a existencia de un ou varios recursos que poden
ser convertidos en produtos turísticos, atraendo de por si a
numerosos visitantes. Neste senso, o concello de Fornelos de
Montes presenta unha ampla variedade de recursos
patrimoniais paisaxísticos e etnográficos como para promover
o turismo verde dentro do territorio e que, debidamente
coidado, repercutirá de maneira positiva na economía
local. Así, en fornelos de Montes pódense atopar numeroso
patrimonio etnográfico como muíños fariñeiros de pedra,
pontes de pedra que cruzan pequenos regatos, numerosas
fontes e lavadoiros ou mesmo restos de casas grandes como as
de Alemparte ou Marrán. Tamén garda restos arqueolóxicos
como a Cidadela do Monte da Cidade, o Sarcófago en Vilán
(Fornelos), gravados rupestres ou os chozos e parideiras en
Laxe. De influencia relixiosa están as igrexas parroquiais,
sete en total, e capelas, tres; os cruceiros e os petos de
ánimas.
Tamén se poden atopar zonas
de importante valor ecolóxico e paisaxístico como son a
Serra do Suído ao Leste, a Carballeira de Couso, a Fraga de
Couñago, a cabeceira do río Tea ou o Encoro de Eiras.
Lugares que, en conxunto, ocupan unha ampla superficie do
concello e que poden atraer ao turista.
Outras das características
que presenta Fornelos son os numerosos camiños existentes,
que comunican distintos puntos do concello, e que son
aproveitables a maioría deles para facer rutas de
sendeirismo. Por aquí ademais atravesa parte do
Sendeiro das Greas, que percorre o concello pola metade Oeste pasando por
todas as parroquias, agás pola de Laxe, sendo Traspielas e
Calvos as de entrada e saída. Dada a existencia deste
sendeiro, poderíanse aproveitar os numerosos camiños para
enlazar esta ruta cos diferentes recursos co fin de que os
visitantes poidan acceder a todos de forma natural.
A existencia dunha praia
fluvial á beira do río Oitaven, na parroquia de Fornelos de
Montes, favorecida polo entorno no que se localiza e cunha
dotación de servizos axeitada, tamén podería favorecer a
chegada de visitantes cara este municipio nos meses de
verán.
Un dos principais motivos que
pode levar visitantes cara o concello de Fornelos de Monte é
a promoción do turismo verde e de interior, aspectos nos que
este territorio xunta un grande potencial e coas actuacións
axeitadas motiva e atrae ao turista cara esta
zona. Ás características ecolóxicas e paisaxísticas habería
que unir a gastronomía, a tranquilidade que presenta esta
zona, as tradicións e festas populares e o carácter aberto e
amable das súas xentes, factores que poden ser considerados
como as principais sinais de identidade do concello e que
axudan a promover este sector.
ARRIBA
SEGUINTE
 |