|
Programa de actividades
2007
O Concello de Fornelos de Montes (Pontevedra) a través da
Oficina Municipal de Información xuvenil creada no ano 2002,
ten previsto para o ano 2007 programar de xeito xeral e
amplo unha serie de actividades dirixidas ós xóvenes
que forman o colectivo xuvenil do Municipio.
Proxecto de
Animación Sociocultural no ámbito de Ocio e Tempo Libre:
Actividades de dinamización da información que se celebrarán
no salón de actos do Concello, Torreiros de festas,
Instalacións do colexio público Dr. Suárez. Pavillón
Polideportivo Municipal de Fornelos, praia fluvial de
Fornelos e zonas de recreo.
Entre as actividades
previstas a realizar dentro deste proxecto destacan as
seguintes:
- Clases de Gaita
Tradicional Galega: Impartiranse clases de gaita a
través da Escola de Gaita Galega do municipio de
Fornelos, a todos aqueles xóvenes do municipio motivados
por esta actividade, para o desenrolo de actuacións en
festas dos pobos do municipio e actuacións fora do mesmo,
as clases impartiranse os martes, xoves e sábados, nas
instalacións do grupo escolar Dr. Suárez e na Casa
Consistorial. Esta actividade terá lugar o longo de todo
o ano.
- Cursos de Natación:
Daranse cursos de natación a grupos de nenos/as na
Piscina Municipal do Concello de Fornelos de Montes, nos
meses do verán e a todos aqueles que non sepan nadar, ou
queiran adquirir un maior perfeccionamento da natación,
disfrutando desta actividade de lecer e potenciando
desta maneira a comunicación entre eles e do entorno o
aire libre. Esta actividade terá lugar nos meses de
Xullo, Agosto e Setembro.
- Clases de Música:
Impartiranse clases de Música a grupos de mozos e mozas
do municipio, a través da Escola Municipal de Musica,
será unha actividade de aprendizaxe coa finalidade de
tocar un instrumento musical. Esta actividade terá lugar
durante todo o ano. Desenrolarase nas
instalacións do Colexio Público Dr. Suárez.
- Festa da bicicleta:
Esta actividade consistirá na realización dun percorrido
en bicicleta por un circuíto deseñado por varios lugares
do termo Municipal, de entre 5 e 10 Km. para tratar de
conseguir a participación do xóvenes. Esta actividade
realizarase no mes de Agosto.
- VIII Festival de
Música Folk: Celebrado por primeira vez con motivo
das festas de San Lorenzo no ano 2000, e seguindo as
festas populares e tradición, este ano desenrolarase
esta actividade na praia fluvial de Portovilán en
Fornelos de Montes, consistindo na actuación dun grupo
de folk, no mes de Agosto cun gran éxito de público.
- Cine na Rúa:
Realizarase unha ou dúas retroproxecións de cine para
xóvenes do municipio e arredores, no torreiro de
Fornelos, co obxecto de acerca-la actividade ós
domicilios dos xóvenes. Esta actividade terá lugar entre
os meses de Xullo e Agosto.
- Teatro:
Consistirá na posta en escena dun Grupo de Teatro o cal
representará as súas obras nas instalacións do Pavillón
polideportivo ou no torreiro de Fornelos. Esta
actividade será levada a cabo no mes de Agosto.
- V Festa da Chanfaina:
Esta actividade que consistirá na degustación da
denominada chanfaina, especie de salchicha, na que todos
os mozos e mozas poderán disfrutar desta festa
gastronómica, no so na degustación senon participando
cociñando e establecendo relacións sociais. Esta
actividade terá lugar no mes de Agosto.
- Festa da Espuma:
Actividade de lecer para todos os nenos e nenas, que
consiste na emisión de espuma, para que así os rapaces
se poidan divertir coa espuma e entre eles. Esta
actividade terá lugar no mes de Agosto.

ARRIBA
SEGUINTE
 |