As Orixes
As características do terreo que presenta o concello de
Fornelos de Montes, xunto coas características climáticas,
eríxense como un dos principais condicionantes para
xustificar a escaseza de patrimonio histórico dentro deste
territorio. Todos os tipos de bens que conforman a cultura
material dun lugar é froito das accións humanas sobre o
medio, constituíndo ao mesmo tempo o seu principal sinal de
identidade.A escaseza
de poboamento que dende sempre se rexistrou no concello de
Fornelos de Montes deixou consigo un escaso patrimonio
arqueolóxico. Aínda así, podemos atopar dende mámoas,
petróglifos e un sarcófago antropoide enclavado nunha rocha
no lugar de Vilán, onde tamén se conservan os restos do
castelo-fortaleza de Alemparte, ata xacementos castrexos
como o do Monte da Cidade en Oitaven, o de Castrove en Laxe
ou o do Monte Castelo en Calvos.

Monte da Cidade
Os petróglifos de Cerdeiras (hoxe
en día tapados por un recheo), na parroquia de Calvos ao
Norte da parroquia de Ventín, representan diversos gravados
rupestres da Idade de Bronce o que indica a presenza humana
dende tempos moi pretéritos que indica xa aquí un poboamento
anterior á dominación romana. A mámoa de Borraxeiros, que se
sitúa no límite das parroquias de laxe e San Bernabé da
Graña do concello de O Covelo, é un túmulo megalítico de
período Neolítico.
No Concello, coma en xeral en
todo o noso país, atopáronse restos da dominación romana
(coma poñamos por caso, a ponte de Bustelo, cecais
inicialmente desta xeira, anque refeito na Idade Media).
Montero Arostegui (segundo nos dí G. Alvarez Gallego na
"Geografía de Galicia" ), tivo ocasión de ver aquí unha
torre arruinada, "cuyos techos, paredes, puertas y ventanas
parecen de arquitectura roma y en una de las ventanas léese
la siguiente inscripción: "Casa da len y pairte facida por
os reyes godos, era Cesaris”; y en otra: "Chistus Rex venit
in pace”.
As ruínas desta torre situábanse en Vilán o mesmo que un
sartego aberto nunha pena e unha sepultura antropoide.
Idade Media
O territorio de Fornelos na súa inmensa maioría estivo
ligado á Casa de Soutomaior na Idade Media Mesmo no século
XVIII a Casa de Soutomaior dispuña do Señorío Xurisdicional
dun extenso territorio no que se incluían, polo que a
Fornelos se refire, as freguesías de San Adrián de Calvos,
San Lorenzo de Fornelos, e parte da de Sta. María de
Traspielas. mais coma daquela a freguesía de Berducido era
moito máis grande que hoxe en día, habería que incluír tamén
as freguesías de Estacas e Laxe, pois no Catastro de
Ensenada indicase que o lindeiro oriental de Berducido ata
Abelenda (Ourense), e o meridional, Barciademera
Freaza, aínda que situada en Traspielas pertencía á
xurisdición de Sobroso.
Fornelos de Montes pagaba os dereitos de señorío -que nesta
parroquia recibían no nome de "caballerato"-, por un importe
de 240 reais. Berducido pagaba, sen nome especial, 1.200
reais, facéndoo as antigas familias que repoboaron o seu
territorio. A luctuosa era pagada en tódalas freguesías,
agás a de Calvos.
Coa abolición dos señoríos e o advenimento da reforma
política que sae das Cortes de Cádiz de 1812 constitúese
unha unidade administrativa que englobaba aos concellos de
Soutomaior e Fornelos. Pero en 1869-70 prodúcese a
segregación e formación de dous concellos distintos.
Hai que facer contar, noustante, que nos períodos 1812-14 e
1820-23, había Concello de Fornelos separado do de
Soutomaior. A unidade conságrase na reforma efectuada polo
R.D de 39/11/1833, debida a Javier de Burgos, que supón
tamén o establecemento definitivo do sistema provincial
Segundo este Decreto a Xurisdición de Soutomaior abranxía as
parroquias de Anceu, Calvos, Barbudo, Estacas, Fornelos,
Forzáns, Insua, Laxe, Pazos, Traspielas, Soutomaior, Xesta e
Berducido.
Nese ano de 1835 a poboación das parroquias de Fornelos era
a seguinte:
Calvos..........................158 veciños e 441 habitantes
Traspielas......................59 veciños e 171
habitantes
Estacas.........................65 veciños e 300
habitantes
Fornelos.......................340 veciños e 1.176
habitantes
Laxe..............................48 veciños e 217
habitantes
TOTAL.........................670 veciños e 2.305 habitantes
Madoz, no seu Dicionario ofrece os seguintes datos para
1845:
|
PARROQUIA |
CASAS |
VECIÑOS |
ALMAS |
| Calvos |
100 |
168 |
441 |
| Estacas |
70
|
50
|
320 |
| Fornelos |
200
|
256
|
1.280 |
| Laxe |
113
|
103
|
500 |
| Traspielas
|
59
|
59
|
171 |
|
TOTAL |
542
|
636
|
2.722 |
ARRIBA
SEGUINTE
 |