Para a descrición da fauna
vámonos limitar as especies visibles facilmente no territorio.
De seguido imos citar especies
de vertebrados tendo en conta, ou ben a súa
representatividade dentro de cada un dos medios naturais, ou ben a importancia derivada
da súa rareza ou valor ecolóxico.
Aves
Na zona detectáronse arredor de 89 especies, das cales 45
pódense considerar sedentarias, 23 estivais, 8 invernantes e
13 ocasionais.Nas áreas de vexetación de
mato son de reseñar 4 ordes principais:
1.- Paseriformes, cunha
grande densidade na época de cría en especies coma:
- Curruca rabilonga (Sylvia
undata).
- Tarabela común (Saxicola
torquata).
- Acentor común (Prunella
modularis).
- Alcaudón dorsiroxo (Lanius
collurio).

Curruca |

Tarabela |

Acentor |

Alcaudón |
2.- Ou ben raras como:
- Corvo (Corvus corax).
- Rabialba gris (Oenanthe
oenanthe).

Corvo |

Rabialba |
3.- Falconiformes e
accipitriformes, dos que o máis abundante é:

Ratoeiro |
Outras típicas de mato
son:
- Aguiacho cincento (Circus
pygargus).
- Aguiacho pálido (Circus
cyaneus).
- Cernícalo (Falco
tinnunculus).

Aguiacho cincento |

Aguiacho pálido |

Cernícalo |
4.- Galliformis, dos que se presentan:
- Paspallás (Coturnix
coturnix).
- Perdiz (Alectoris rufa),
esta de grande importancia cinexética, aínda que
atopándose en franca regresión.

Paspallás |

Perdiz |
No medio fluvial hai que
salienta-la presenza de dous paseriformes intimamente
vencellados a zonas de fervenzas e augas rápidas:
- Lavandeira cascadeña (Moratalla
cinerea).
- Merlo acuático (Cinclus
cinclus), a sua presenza é indicativa da pureza das
augas nos tramos que habita.

Lavandeira |

Merlo acuático |
No que respecta ao encoro de
Eiras cabe citar dúas especies importantes:
- Anade real (Anas
platyrhynchos), nidificante no mato e regatos próximos á
represa. A súa presenza abundante no verán configura ao
encoro coma unha área importante de muda a nivel
provincial.
- Andoriña daurica (Hirundo
daurica), nidificante no muro da presa, en número
reducido, dende hai poucos anos. Pero trátase da
primeira cita de cría desta especie para a provincia de
Pontevedra.

Anade real |

Andoriña daurica |
Outras acuáticas presentes na
zona son:
- Garza real (Ardea cinera),
con presenza dalgúns individuos no inverno, así coma con
reprodutores en primavera - verán.
- Zampullín pequeno (Tachybaptus
Ruficollis), que constrúe niños flotantes ancorados na
vexetación arbustiva das ribeiras. Sen dúbida, vese
afectado polas flutuacións do nivel das augas da represa.

Garza real |

Zampullín |
Entre as aves do bosque,
tanto rupícola coma fraga e piñeiral, téñense observado
unhas 25 especies. Das Paseriformes salientan as
insectívoras, pola súa importancia no control das pragas:
- Carboeiro común (Parus major).
- Carboeiro ganapiñeiros (Parus
ater).
- Mito (Aegithalos
caudatus).
- Trepador común (Sittidae
europaea); ésta última, rara na Provincia de Pontevedra.

Carboeiro común |

Carboeiro ganapiñeiros |

Mito |

Trepador |
Das rapaces (ordes
Accipitriformes e Estrigifórmes ou nocturnas), hai que
mencionar:
- Azor (Accipiter gentilis).
- Gavilán (Accipiter nisus).
- Cárabo (Strix aluco).
Anfibios
Téñense identificado as seguintes especies:
- Sapiño pintollo (Discoglossus
pictus).
- Sapo dos leiros ou sapo
común (Bufó bufó).
- Sapo corredor (Bufo
calamita), abundante en pozas e zonas húmidas do mato.
- Ran verde (Rana perezi),
abundante en certas zonas do encoro de Eiras.
- Ran patilonga (Rana
iberica), frecuente nas beiras dos regatos e panascos.
- Tritón ibérico (Triturus
boscai), en pozas de zonas altas en bordes de ríos e
regatos.
- Saramaganta (Salamandra
salamandra).
- Saramaganta rabuda (Chioglossa
lusitanica), especie propia de regatos e fervenzas con
ribeiras en sombra de mesta vexetación e fragas.
E de
grande importancia xa que se trata dun endemismo ibérico
localizable únicamente en Galicia e Norte de Portugal.

Sapiño pintollo |

Sapo común |

Sapo corredor |

Ran verde |

Ran patilonga |

Tritón ibérico |

Saramaganta |

Saramaganta rabuda |
Reptís
As especies observadas no Concello son as seguintes:
- Lagarto verdinegro (Lacerta
lepida), propio de zonas secas de vexetación de mato
penedos, valados, etc.
- Lagartixa (Podarcis sp.),
querenciada sobre todo a casas e medio humano en xeral.
- Eslizón tridactilo (Chalcides
chalcides), lagarto de aparencia serpentiforme, propio
da vexetación de mato.
- Serpe de cristal ou
lución (Anguis fragilis), saurio ápodo, de zonas de
mato, prados e bosques.
- Cobra sapeira ou cobra
de colar (Natrix natrix), aínda que é relativamente
frecuente nas zonas húmidas, non desbota o mato seco.
- Cobra de auga (Natrix
natrix).
- Coronela meridional (Coronella
girondica).
- Cobra de escaleira (Elaphe
scalaris).
- Cobra bastarda (Malpolou
mospessulanus), é a serpe de maior tamaño de Galicia (chega
a acadalos 2,5 m.). No mato e no
bosque.
- Víbora galega (Vipera
seoanei). Non é frecoente, pero pode aparecer en toxais
secos e tamén en fragas híunidas de beira fluvial.

Lagarto verdinegro |

Lagartixa |

Eslizón tridactilo |

Serpe de cristal |

Cobra sapeira |

Cobra de auga |

Coronela meridional |

Cobra de escaleira |
| |

Cobra bastarda |

Víbora galega |
|
Peixes
Somentes dúas especies:
- Troita común (Salmo
trutta), de grande interese polo seu aproveitamento
deportivo. Os exemplares dos regatos de augas rápidas
son perfectamente diferenciables dos que se dan no
encoro de Eiras; estes proceden de repoboacións
artificiais.
- Angula (Anguilla
anguilla); a partires da construción da represa, augas
arriba da mesma nótase unha diminución no seu número.

Troita común |

Angula |
Mamíferos
Pola súa relación co home cítanse tres especies principais
(presentes, preferentemente, en áreas de vexetación de mato
ou vexetación arbórea densa):
- Lobo (Canis lupus),
Descoñécese a súa poboación real, anque polos danos
ocasionados ao gando e as áreas da súa actuación,
supónselle en aumento. O seu interés ecolóxico deriva do
importantísimo feito de que aquí dase un dos últimos
hábitats do lobo en Europa.
- Xabarín (Sus scropha).
Especie problemática polos danos ocasionados en cultivos
(millo, principalmente). A súa aparición fíxose notar
dende hai uns catro anos. A poboación vai en aumento e
busca acollida nas grandes xesteiras, uceiras e fragas
rupícolas.
- Coello (Oryctolagus
cunículus). Importante peza cinexética, aínda que as
súas poboacións aparecen hoxe en día mermadas, por
diversas causas.
Outras especies de mamíferos
que se dan na zona son:
- Lebre (Lepus sp.),
bastante frecuente antano nas campas outas; hoxe está a
beira da desaparición no concello.
- Raposo (Vulpes vulpes),
con poboación en aumento, favorecida sobre todo pola
profusión de botadeiros incontrolados.
- Xeneta (Genetta genetta).
- Garduña (Martes foina).
- Lontra (Lutra lutra),
localizados excrementos en varios tramos dos ríos e no
encoro de Eiras.

Lebre |

Raposo |

Xeneta |

Garduña |
| |

Lontra |
|
ARRIBA
SEGUINTE
 |