Bandeira CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES Castellano | English
Portada

 Prz/ Igrexa, 1 | Teléfono: 986 768409 | Fax: 986 768411  fornelos@concellos.depontevedra.es

 Perfil do Contratante | Corporación | Entorno | Clima | Turismo | Fauna | Historia | Patrimonio | Omix | Fotos |

 
 INSPECCIÓN TÉCNICA PERIÓDICA DE CICLOMOTORES

   O Real Decreto 2042/1994, do 14 de outubro, modificado polo Real Decreto 711/2006, do 9 de xuño, establece a obriga de que todos os vehículos que circulen polo territorio nacional pasen a inspección técnica periódica, incluídos os ciclomotores.

Na orde 6 de marzo de 1997, da Consellería de Innovación e Industria, regulou os prazos para iniciar a Inspección técnica de ciclomotores establecendo o 1 de xaneiro de 2009 como data de entrada en vigor de dita obrigatoriedade.

Comunícase que se desprazará unha unidade móbil ao municipio e lugar sinalado para realizar inspeccións técnicas periódicas de CICLOMOTORES de dúas rodas e máis de catro anos de antigüidade.


CONCELLO LUGAR MES DIAS HORARIO
REDONDELA EXPLANADA
DA FEIRA
NOVEMBRO 24 e 25 9:00 a 13:30 h.
e de 15:30 a 18:00 h.

 

 TAXA POR CEMITERIO MUNICIPAL

   Para solucionar o lamentable estado de abandono das tumbas existentes na parte baixa do Cemiterio de Fornelos de Montes e por aplicación da nova Ordenanza Reguladora de Taxa por Cemiterio Municipal, publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 250 de data 29 de decembro de 2008, que está en vigor desde o 1 de xaneiro de 2009, tódolos propietarios de tumbas na parte baixa do Cemiterio Municipal de Fornelos de Montes deberán identificarse ante ás oficinas do Concello durante o ano 2009, para causar alta no Padrón da taxa por Cemiterio Municipal.

As tumbas cuxos propietarios o 1 de xaneiro de 2010 non estean debidamente identificados pasarán a pertencer ao Concello de Fornelos de Montes, sen pago de ningunha cantidade aos que posteriormente a dita data pretendan recuperalas.
 

 SOLICITA O TEU CARNÉ XOVE

   O Concello de Fornelos de Montes mediante a súa Oficina de Información Xuvenil tramita o Carné Xove para mozos e mozas de idade entre 12 e 25 anos ambos inclusive, os interesados deberán acudir o concello co seu D.N.I., unha foto e aboar unha taxa de 6 Euros.

O Carné Xove ten descontos en tendas de roupa, calzado, ópticas, casas de turismo rural, librerías, floristerías, peleterías, perfumerías, perruquerías, autoescolas, ximnasios,…
 

 

 
 RALLY RIAS BAIXAS

Rally Riasbaixas

 

 

Conselleria industria Concello